A sede central de Proxecto Home ubicaráse na rúa Cotolengo 2-4 parcela 15B sobre una superficie de 4.809 metros cadrados,
a parcela foi posta a disposición polo Concello de Santiago de Compostela a Fundación Monte do Gozo, a través da Concelleria
de Urbanismo.
O deseño do edificio correu a cargo de Elsa Urquijo Arquitectos, e nace dun xeito silencioso de entender a arquitectura.
O seu plantexamento obedece a unha sinxela liña horizontal, capaz de expresar visualmente unha dirección, un movemento e un desenvolvemento.
O edificio é unha cobertura para a vida que transcorre nel, un espazo sereo, íntegro, en presenza e voluntade de permanencia.