Voluntariado

A
REALIDADE DO VOLUNTARIADO
Calquera que se achegue a un
centro de Proxecto Home Galicia, atoparáse sempre cun bó
grupo de Voluntarios ofrecendo o seu tiempo e as suas capacidades e habilidades
específicas, para que ol traballo de rehabilitación levado
a cabo por cada residente poida chegar a ter éxito.
En Proxecto Home Galicia a responsabilidade
terapéutica última do proceso de rehabilitación
recae sempre sobre o residente, que se enfrenta coa importante tarefa
de refacer a fondo a sua vida. Nembargantes este esforzo para o cambio nunca
chegaría a bó porto se o residente non tivese o seu carón persoas
que contribuyan razoablemente ó éxito final. O equipo terapéutico,
as familias e o grupo de voluntarios forman este conxunto pontenciador
que facilita que o residente afronte con firmeza a responsabilidade
que lle corresponde.
O
PORQUÉ DO VOLUNTARIADO EN P.H.
Se tivesemos que razonar
o porque da presencia do voluntariado en Proxecto Home Galicia, atoparíamonos fácilmente cunha boa cantidad de argumentos
que barallar.
Proyecto Hombre nace en Italia
na década dos 70 gracias a disponibilidade dun conxunto
de voluntarios que queren dar unha resposta solidaria a xuventude de
Roma que se estaba adentrando destructivamente no mundo das adiccions.
O voluntariado hoxe, en Proxecto Home Galicia non fai máis que continuar
con esa dinámica de disponibilidade, imprescindible para encararse
firmemente coa problemática das dependencias.
Por outra parte o residente que
se atopa facendo o Programa de Rehabilitación ve no voluntario
un modelo pola sua labor altruista e desinteresada, convirtíndose
nun forte apoyo e unha axuda de cara a conseguir a rehabilitación
do drogodependente.
Non hay voluntariado en Proxecto
Home para aforrar ante a carencia de apoios económicos suficientes,
ainda que si é certo que o voluntariado permite uns aforros considerables.
Hay voluntariado en Proxecto Home Galicia dende a filosofía de
vida que a acción solidaria é de incomparable valor para poder
erguer vidas, e non chega con dicilo, é necesario garantizalo na
práctica. O exemplo de vida do voluntario fai que o servizo
concreto que ofrece adquira toda a sua densidade.
Para Proxecto
Home Galicia o voluntariado ten unha importancia vital, pero tamén
somos conscientes de que para que este conxunto de voluntarios desenrole a
sua labor dunha forma plena e satisfatoria, e preciso darlle un espazo
de formación e de coñecemento da realidade de Proxecto Home
Galicia, ademáis de fomentar a relación entre os voluntarios
e o Equipo Terapéutico.
Aspectos
como a filosofía e a forma de traballo de Proxecto Home Galicia,
as drogas e os seus efectos nas personas, ou temas relacionados coa
Terapia Familia de Proxecto Home, son puntos nos que se incide para
mellorar a capacidade do voluntariado a hora de colaborar con nos.
A formación
do voluntariado en Proxecto Home Galicia estructurase a través
dun ano académico (Septembreo-Xuño), e comprende diversas
actividades de formación encamiñadas a conseguilo cumprimento
dos obxectivos previstos.
|