18/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 
Prevención
---

 

PROGRAMA ENTRE TODOS

Nos últimos anos, vimos observando una crecente demanda de atención por parte de adolescentes e das suas familias e,por iso, puxose en marcha, no ano 1997, un Programa para mozos e adolescentes na ciudade de Ourense.

Por outra parte, recibimos peticions constantes, por parte de todolos axentes sociais, para participar en charlas, seminarios, foros... dirixidos a persoas de todolos ámbitos sociais, e como obxeto de incidir na prevención e sensibilización da población en xeral, no consumo de drogas e conductas asociadas.

Surxe así, dende a Asociación Proxecto Home, coa idea de unifica-los esforzos que vimos facendo no ámbito da prevención, especialmente no medio escolar e familiar. Para isto, diseñouse un Programa de Prevención Escolar e Familiar chamado "ENTRE TODOS".

"Entre Todos" representa unha aproximación a prevención, e centrase principalmente nos factores sociais e psicolóxicos que empuxan os adolescentes a involucrarse en conductas problemáticas, como o consumo de drogas. O obxeto do programa consiste en mellorar a competencia persoal dos adolescentes a través do aprendizaxe de certas habilidades (formas de resisti-la presión social cara o consumo, estratexias para solucionar problemas interpersoais, formas de enfrentarse a ansiedade, adestramiento en estratexias conxestivas, etc…) Tanto a Delegación do Governo para o Plan Nacional sobre Drogas (DGPNSD), como a Subdirección Xeral de Formación do Profesorado (SGFP) avalan a nosa iniciativa na nosa Comunidade Autónoma tamén o Plan de Drogas de Galicia da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria respaldan a posta en marcha deste programa.

Proxecto Home Galicia articula o traballo no entorno da Prevención col Programa de prevención "Entre Todos" que se executa con alumnos de 1º e 2º da E.S.O. e que busca involucrar na tarea de prevención do consumo de drogas e alcohol os axentes que en maior medida influyen na educación dos mozos: os pais e os profesores, e por suposto o propio mozo.

Este programa foi instaurado a nivel nacional no ano 2000, en Galicia, traballouse ese mismo ano como experiencia piloto en Centros de Educación Secundaria das cidades de Lugo e Ourense, ampliándose no ano 2001 as cidades de Santiago de Compostela e Vigo.

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020