Proxecto Home Galicia é un Programa Educativo-Terapéutico que se propón promover o desenvolvemento e maduración
do individuo para que acade ou recupere a súa plenitude e sexa protagonista da súa propia vida.
Como Programa Educativo-Terapéutico que é, Proxecto Home Galicia centra o problema do toxicómano
non na droga, senón na persoa. Dende ahí entende a rehabilitación como un proceso de crecemento persoal de cara á
propia autonomía, a través dunha dinámica de comunicación interpersoal e de autoaxuda, e a interiorización dos valores
humanos máis fundamentais que dan sentido á vida. Dirixe a súa atención tamén ás familias. Como programa específicamente
educativo, se direrenza de outros programas orientados á desintoxicación e deshabituación de índole sanitaria. Por iso, se define
tamén como un programa libre de drogas.
Un dos principios fundamentais de Proxecto Home Galicia é a gratituidade. Nace e se
mantén como un servizo desinteresado e solidario ás persoas adictas, ás súas familias e a sociedade en xeral.
Neste sentido se define como apartidista e aconfesional.
Proxecto Home Galicia, forma parte da Asociación Proyecto Hombre, de ámbito nacional, xunto con
outros vintecinco programas repartidos por toda a xeografía española. Os programas integrados nesta Asociación son
independientes xuridicamente e teñen economías e administracións separadas.
O obxectivo último do Programa é a total rehabilitación e reinserción social da persoa adicta, na que todos
somos, dunha forma ou de outra responsables, e todos, debemos implicarnos solidariamente e comprometernos en atallar esta lacra
social que son as adiccións
Proxecto Home Galicia leva máis de 21 anos traballando en Galicia, no eido da rehabilitación e
reinserción social de persoas con todo tipo de adiccións. Na actualidade contamos con máis de 2.000 Altas Terapéuticas
froito dos nosos programas que están a desenvolver unha vida normal, totalmente alleos ás adiccións. Estas altas
terapéuticas, amosan a fiabilidade e profesionalidade co que desenvolvemos o noso traballo.
|