24/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

28 persoas de Proxecto Home partiron onte de O Cebreiro en peregrinación a Compostela

Proxecto Home tamén peregrina e xuntará o sábado a 2.000 camiñantes dende O Gozo


FOTO 06/09/2010 


Un grupo de 28 persoas do Proxecto Home partiron onte do Cebreiro en peregrinación a Compostela. Representan aos 8 centros asistenciais e de rehabilitación de toxicodependientes desta entidade, repartidos en Santiago e outras localidades galegas.

Esta expedición ten programado chegar o venres pola tarde ao Monte do Gozo. O sábado, ás 11.00 horas, uniránselles os aproximadamente 2.000 asistentes á festa anual de solidariedade. Xuntos descenderán todos ata a praza do Obradoiro, onde terán un pregón e un acto simbólico no que recordarán todas as altas terapéuticas. A continuación participarán na misa do peregrino, ás 13.15; e finalmente compartirán unha comida multitudinaria, no Multiusos do Sar.

Proxecto Home celebra o seu vixésimo aniversario. Este grupo de centros terapéuticos promóveo a Fundación Monte do Gozo, constituída o 13 de febreiro de 1990, co obxecto de prestar atención integral aos mozos marxinados ou en estado de necesidade, de xeito particular aos toxicómanos, segundo consta nos seus fins fundacionais. Como membros fundadores constan todos os bispos galegos e os directores de Cáritas Diocesana das dioceses galegas.

Proxecto Home abriu os seus primeiros centros en Santiago e Cernadas (Val do Dubra) en 1990, aos que agregou novos recursos en 1991 e un programa de prevención iniciado no 2001.


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020