22/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Un libro recolle as experiencias de reclusos e menores internos

Presentación do libro 'El corazón lejano' na sede de Proxecto Home en ourense


FOTO 14/05/2010 


O pazo ourensano de Guizamonde, sede de Proxecto Home, acolleu onte pola tarde a presentación do libro "El Corazón Lejano", acto organizado polos responsables de Ingabad (Centro de Educación de Adultos) e englobado dentro do proxecto europeo Grundtvig. A publicación recolle as  autobiografías e experiencias vividas por reclusos do Centro Penitenciario de Monterroso (Lugo), así como dos menores internos nos centros Montefiz e Monteledo, en Ourense. O acto sirveu tamén para presentar o novo proxecto para  os dous próximos anos, baixo o lema "Los difíciles de alcanzar".

En "El Corazón Lejano" traballouse a autobiografía como instrumento de reproxectación trala experiencia penitenciaria; así, os protagonistas foron persoas privadas de liberdade por estar internas, ben en centros penitenciarios ou en centros de menores.

Según explicou no acto de onte Paula Lamelo González, de Ingabad en Ourense, "o obxectivo principal do noso proxecto foi predispoñer unha actividade autobiográfica dentro dos centros, co fin de favorecer a reflexión sobre o propio pasado e para replantear o futuro máis aló dos barrotes".

Os programas Grundtvig teñen como meta mellorar a calidade e a dimensión europea de adultos nun sentido amplio, incluindo a ensinanza formal, non formal e a informal, incluido o aprendizaxe. Así, o obxectivo principal é axudar a que os adultos acaden medios para mellorar  os seus coñecementos e competencias.

 Fonte: Faro de Vigo


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020