24/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Colaboración

Presentación do libro "Boas Noites Galicia"


FOTO 16/04/2010 


Teófilo Comunicacións presentou o libro "Boas Noites Galicia", que fai un percorrido pola xeografía galega a través de 166 instantáneas tomadas pola noite.

Este volume sumase os xa presentados de Santiago, Pontevedra, Ourense e Vilagarcía. Unha porcentaxe das vendas do libro destinaranas ao Proxecto Home, entidade que xa foi a beneficiaria de parte dos ingresos obtidos por Boas noites Santiago.

A publicación adiantouse con ocasión do ano santo sobre as previsións
iniciais de pechar con el unha serie de libros dedicados ás principais
cidades galegas. Este cambio de plans responde a que, como explicou o
editor, ao fin e ao cabo «somos una empresa», e querían aproveitar que
moitos dos miles de visitantes que virán a Galicia atraídos por Santiago
queren levar un recordo así.

A presentación de Boas noites, Galicia celebrouse no Hostal dos
Reis Católicos coa participación do editor, do ex presidente da Xunta
Gerardo Fernández Albor, e o director do Proxecto Home, Ramón Gómez.


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020