22/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Actos do XX Aniversario

O Profesor Eric Broekaert cerrou o aniversario de Proxecto Home cunha conferencia


FOTO 06/02/2010 


As comunidades terapéuticas para o tratamento das drogadiccións funcionan; é un feito. O catedrático Eric Brokaert, fundador da primeira comunidade terapéutica de Bélxica, De Kiem, pechou onte no Hostal dos Reis Católicos as conferencias coas que Proxecto Home Galicia quixo celebrar os seus vinte anos recuperando persoas.
-¿Cales son as claves do éxito das comunidades terapéuticas?

-Eu traballei nun hospital psiquiátrico nos anos 70 en Bélxica. A este centro chegaban persoas con problemas de drogas. O modelo médico partía dunha abordaxe individual e tratamento médico, e isto non funcionaba naquel centro, por iso buscabamos alternativas. Por consello do responsable de Psicoloxía e Educación decidiuse crear unha comunidade terapéutica que abordase o problema desde un punto de vista global. Nunha comunidade terapéutica creas un ambiente, un medio de vida. Os mesmos residentes son responsables tamén do seu propio tratamento. Neste sentido, o médico xa non é o xefe. Naquela experiencia vimos que este xeito de traballar era un cambio moi grande, que revolucionaba o tipo de tratamento.

-Algunhas comunidades teñen un transfondo relixioso detrás...

-Algunhas son relixiosas; outras son socialistas totalmente utópicas... En realidade, nunha comunidade terapéutica non hai ningunha relixión nin ningunha ideoloxía. A súa esencia é un programa educativo e, na educación, podes desenvolver unha actividade moi plural. Pero sempre hai que crear un ambiente e un espírito no que a xente se poida desenvolver. Aí si entra a espiritualidade. Sen espiritualidade non; sen relixión, si.

-¿Os gobernos non se desentienden pasándolle o problema ás comunidades terapéuticas?

-En Bélxica non. Foi moi duro ao principio pero, logo, o sistema de seguros médicos comezou a interesarse por este problema. Alí están no sistema e son pagadas totalmente polo Goberno.

-Hoxe os mozos están informados. ¿Por que se seguen drogando?

-A adicción é un síntoma dun problema que está debaixo: pode ser unha enfermidade mental, factores sociais, factores de educación... Hai moitas cousas que interferen. A mellor prevención é un sistema escolar e familiar bo, darlles suficientes posibilidades económicas ás persoas para que poidan saír adiante e educar aos seus fillos.

-Fai 40 anos falabamos do problema; hoxe seguimos facéndoo...

-é así. Pero o noso coñecemento aumentou moito e, dalgún xeito, tivemos éxito ata un determinado punto. Agora sabemos que o tempo de vivir en comunidade é moi importante, como tamén o número de tratamentos. (Fonte: A Voz de Galicia)




Enlace web:
web Galería Fotográfica

Documentación:
doc Calendario de actos (pdf)

.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020