24/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

La Voz de Galicia

Entrevista a Ramon Gómez Crespo


FOTO 08/02/2010 


-¿Vinte anos non son nada... ou son moito?
-É unha traxectoria chea de compromisos cumpridos e de superación de dificultades pero, á vez, dunha complicidade social e institucional que fai que nos sintamos agradecidos e orgullosos. Son máis de sete mil persoas as que acadaron a alta terapéutica e iso é motivo de satisfacción aínda que é un traballo complexo e difícil.

-¿Como se teñen adaptado ós cambios dos últimos tempos?
-Como non nos conformamos con ter un traxe nun armario para que o poña aquela persoa que pide axuda temos un programa en evolución, que profundiza en cales son as respostas terapéuticas máis eficaces. Facemos un gran esforzo de diversificación. Nos servicios sociais nunca hai un traballo consolidado: hai que estar en diálogo continuo ca realidade.

-¿Ten resposta a por que a xente se engancha?
-Non hai un factor. Nin tres. Hai un cúmulo. Está un grupo que é froito dos estereotipos da sociedade na que vivimos: a cultura do usa e tira, o falso liberalismo que promulga que hai que probalo todo...
Xera un tipo de personalidades proclives a un proceso de banco de probas e para as máis febles, afectadas por outro tipo de factores, chega un momento en que iso se converte nunha trampa.

-¿Como son os usuarios?
-O drogodependente é unha persoa que ten dificultades, que se sinte insegura, que non ten autoestima, que depende dos outros, que non é capaz de tomar decisións... Deixo un reduto moi pequeno para aquel que se inicia meramente por probar, o que a sociedade chama vicioso.

-Abriron porque non había nada. ¿Como valora o papel das
institucións?
-Hai un grandísimo esforzo pero temos que abrir unha nova etapa: a de avaliación. Isto ós políticos cóstalle moito pero niso lle vai a paga. Trátase de establecer prioridades e optimizar os recursos, que son un ben escaso, para potenciar os que estean resultando máis eficaces.

-Pero o seu traballo, ¿non é da administración?
-Non cabe dúbida. Pero hai que gardar un equilibrio. Tamén é malo pensar que papá Estado ten que ser o único solucionador dos problemas sociais. Temos que ser unha sociedade viva, dinámica, creativa pero sen eximir a responsabilidade de quen a ten. Sáelles máis rentable darnos unha subvención e que vaiamos tirando do carro. E nós, se non fora polas axudas, non poderíamos prestar estes servicios aínda que non só se prestan pola axuda das administracións.

-¿Existen demasiadas organizacións en torno a loita contra a droga?
-Proxecto Home apostou sempre por un diálogo e unha
complementariedade de servicios. Outra cousa é que hai que
conservar cadaquén as especifidades dos servicios que presta porque senón desorientamos á xente: se todo é igual para que queremos tanto. Hoxe recupérase moita xente e non só en Proxecto Home pero tamén en Proxecto Home.

-¿Que pouso ten a Igrexa no día a día da organización?
-O noso enfoque é un enfoque humanístico pero teño que dicir que en ningún momento o apoio da Igrexa se utiliza para manexar as vontades. Proxecto Home é gratuíto, aconfesional e apolítico.

-¿É fácil ser apolítico nunha provincia como Ourense?
-Non damos cancha ós políticos. É froito dun estilo de institución: contamos con todos. Un proxecto destas características, malo se non é capaz de sumar vontades. Isto non é unha plataforma para ninguén. As portas están abertas ós políticos pero nunca en campaña electoral

-Hai sectores da Igrexa que consideran que se ataca á institución. ¿Que pensa?

-Por suposto hai ese sarampión. Ó mellor hóuboo máis do que o hai. Á Igrexa se lle pode etiquetar de moitas cousas. Tamén falla pero no que é a atención ós febles, non se lle poder negar o seu protagonismo porque é evidente e non é oportuno. É unha conduta humilde e calada, durante o tempo. E non quero dicir que sexamos os únicos que o facemos.


-O bispo Quinteiro deixa Ourense.
-Como ourensán deséxolle o mellor. Como director de Proxecto Home, seguirei en relación con el porque estamos en toda Galicia, tamén en Tui-Vigo. (La Voz de Galicia)


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020