20/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Actos do XX Aniversario

Conferencia do Prof. Dr. Vicente Garrido Genovés.


FOTO 27/01/2010 


O doutor en Psicoloxía e profesor da Universidade de Valencia, Vicente Garrido, afirmou hoxe en Compostela que abandonar o consumo de drogas comeza por un "cambio" no individuo que debe afrontar que "pode ter unha vida" fora do consumo "dándolle un valor o sufrimiento que isto conleva".

Garrido visita hoxe Compostela, onde pronunciará unha conferencia sobre o abuso de drogas e a exclusión social, no marco do vinte aniversario da entidade Proxecto Home Galicia.
O doutor visitou a comunidade terapéutica da entidade en As Cernadas (Val do Dubra), e valorou en declaracions a Efe os métodos terapéuticos de Proxecto Home pola posta en valor do individuo.

"Toda a actividade da comunidade terapéutica encamiñase a que o suxeito asuma que tivo moito que ver no que lle sucedeu, e que, por tanto, tambén terá moito que ver en que non lle volva a acontecer", afirmó.

Garrido suliñou que o drogodependente debe aceptar o esforzo que ten por diante para recuperar a súa vida, e neste sentido, valorou que en Cernadas "hay un contexto no que podes ver a vida a distancia, examinala sen sentirte ameazado pero si confrontado, e a partir de ahí, comenzar o traballo".

Para o profesor, existe un certo paralelismo entre o patrón de conducta dun drogadicto e de unha muller maltratada, xa que tamén elas "teñen que cambiar a percepción da súa vida para poder cambiala".
"Para que salga adiante, a muller debe cambiar a súa visión de ser unha muller querida por un home con mal temperamento ou que bebe demasiado; debe afrontar que ese home non a quere, pero isto conleva sufrimento e cambiar un territorio coñecido por outro desconocido", afirmou.

Para o profesor, tanto a droga coma o maltrato "son dous reforzos negativos moi poderosos", xa que "recoñecer a situación produce incertidume e ansiedade, prescindir diso esixe un esfozo extraordinario, porque e algo que che serve; que che destrue, pero que che sirve", afirmou.

Garrido afirma que a capacidade de afrontar e dotar de valor o sufrimiento que acarrea a loita "marca a diferencia entre os que poden sair da droga e os que non".
En canto a sensibilidade social sobre o problema, Garrido ve un punto de inflexión durante a transición, cando o drogadicto pasa de ser "un vicioso que hay que excluir" a ser "un enfermo o que hay que axudar".

"Hoxe en día, o imaxinario dos oitenta do heroinómano tirado na rúa desapareceu", e a droga modelou unha imaxe "dun consumidor moito máis integrado nae sociedad", suliñou.

Para solucionar esta imaxe do consumidor integrado, Garrido recomenda "explicar que a droga e un dos máis graves problemas que poden ocurrir a alguen, porque ataca o núcleo mismo de cada un; porque levará a violencia, a marxinación, o deterioro físico e psíquico, a incapacidade de ser pai ou a pérdida da súa rede social".

Por último, concluiu que é preciso o apoio as instituciones de desintoxicación, posto que "e unha boa maneira de aplacar o enorme coste social que acarrea o consumo de drogas". EFE




Enlace web:
web Galería Fotográfica

Documentación:
doc Calendario de actos (pdf)

.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020