20/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Actos do XX Aniversario

Conferencia-coloquio co Xuíz Baltasar Garzón Real


FOTO 26/01/2010 


O Xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón abogou hoxe por devolver "toda a súa forza" o Plan Nacional Sobre Drogas para combatir a "falta de sensibilidade" da que cree carece a sociedade actual sobre o problema da drogodependencia.

Garzón recordou que trala Operación Nécora contra o narcotráfico en Galicia, o problema da droga ocupaba o segundo lugar, tras o paro, no índice de preocupacions  dos españois, mentres que o derradeiro barómetro do Centro de Investigacions Sociolóxicas (CIS) ubicouno no posto vixésimo; a pesares de que o número de drogodependentes seguiu aumentando dende enton.
"Hay una maior desatención do fenómeno en toda a súa globalidade", afirmou o maxistrado, quen suliñou que o problema da drogadicción fixose mais complexo, con novos patrons de narcotráfico e de consumo.

A pesares destas transformacions, o xuíz afirmou que, se a finais dos oitenta o poder xudicial estaba "dous ou tres pasos por detrais" das iniciativas dos narcotraficantes, hoxe "está un ou dos por diante" grazas as novas estratexias de cooperación internacional e a acción das organizacions non gubernamentais, "a pesares de todolos seus problemas de financiación".

Baltasar Garzón participou nun coloquio aberto en Compostela con internos da organización de rehabilitación de drogodependentes Proxecto Home Galicia, que celebra con diversos actos o vinte aniversario da súa fundación, moderado polo delegado da Agencia Efe en Galicia, José María Villate, e polo profesor da USC Lois Celeiro.

Acompañado tamén da dirixente arousana contra  a droga Carmen Durán, o xuíz destacado por ser dos primerios na loita contra o narcotráfico noiseu momento de auxe, destacou que se vive "un punto de inflexión complicado"  na percepción da droga, posto que, na sua  opinión, os grandes medios non lle prestan moita atención.

Ainda que os casos de morte por sobredose baixaron, as víctimas acumuladas son maiores" posto que hay un novo fenómeno de consumos mixtos, o que fai necesario "refundar ou rehabilitar o Plan Nacional sobre Drogas".

O Xuíz Garzón considerou que o gran cambio en España  na loita contra o narcotráfico, produxose a finais dos oitenta e lembrou que ata 1993 non se falou de crimen organizado. "Isto no era Sicilia, pero poderia desenvolverse como tal", dijo.
Na súa opinión, as "clásicas organizacions criminais", grazas a  acción policial e dos xuices, son hoxe organizacione de narcotransportistas, e "prácticamente comisionistas". Grazas a presión, cambiaron as suas rutas da tradicional entre Colombia e o norte de España a chamada "ruta dos pescadores", que parte ata o norte dende Cabo Verde.

Ademáis, ante as preguntas dos asistentes o coloquio que encheron a sala do Hostal dos Reis Católicos no que se celebrou, o maxistrado considerou "intolerable" que haya, en pleno siglo XXI, territorios dentro da UE considerados paraísos fiscales. "Se non atopamos unha solución" para fiscalizar estas contas, o seu xuizo "non estamos facendo os deberes".

En tono distendido, o concluir a tertulia, Garzón negou que alguna vez pensase en  ser Xuíz estrela. "Eu son un  xuiz  estrelado, porque os golpes que se reciben son directamente proporcionais o supuesto estrelato que se ten", apuntou Garzón.
Non se considera unha estrela "para nada, que tampouco sería malo", pero opinou que todolos xuices deberíamos ser estrelas, ainda que o protagonismo zafio que se deu durante estos anos a este concepto non o admito".
Baltasar Garzón leva 21 anos na Audiencia Nacional e "pola calidade e trascendencia dos asuntos sempre estás presente nalgún momento; teño que entrar e sair pola Audiencia Nacional", polo que considero un análisis "moi frívolo e que fai daño a xustiza" a calificación de xuíz estrela. "Ti es estrela para min dende que naciche, deciame miña nai", bromeou.

A salida do acto, o xuiz afirmou non querer pronunciarse sobre as causas xuidiciais en curso contra él "por respeto os xuices", pero afirmou que as acusacions vertidas na súa contra "non lle parecen creíbles", pois sólo buscan "xogar contra a independencia dos xuices". EFE




Enlace web:
web Galería Fotográfica

Documentación:
doc Calendario de actos (pdf)

.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020