19/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



Inauguración do XX Aniversario de Proxecto Home Galicia


FOTO 20/01/2010 


A inauguración do XX Aniversario de Proxecto Home Galicia estivo presidida polo Presidente da Xunta de Galicia D. Alberto Nuñez Feijoo no medio dunha grande asistencia de público, o Presidente agradeceu "a todos os  homes e a todas as mulleres que un dia acudiron a un centro, as familias e aos traballadores" e recalcou os "vinte anos de traballo serio, responsable e cercano que teñen dado a esta terra resultados positivos"

Núñez Feijóo resaltou unha labor, a de Proxecto Home, “tan necesario como exemplar”. “É tan necesaria como exemplar a tarefa de prevención da drogodependencia. E é tan necesario como exemplar o tratamento, a formación laboral, a busca de emprego, en definitiva, a aspiración de reconstruír vidas”. E engadiu: “Ambas cousas están latentes no día a día de Proxecto Home: o día a día dun exército de homes e mulleres dispostos a loitar pola erradicación dunha lacra que nos ocupa e nos preocupa a todos”.

Estos actos de inauguración abrironse coa conferencia do Prof. Dr. Miguel Casas Brugé:
"A trimorbilidade entre Trastorno por Deficit de Atención (TDAH),
Trastorno Limite de Personalidade (TLP) e Trastorno por Uso de
Substancias (TUS) como patoloxía emerxente especialmente disrruptiva", segundo o Dr. Casas  "o alcohol e una sustancia normalizada, de uso común. Para o 85-90% da poboación o seu consumo
non encerra maiores consecuencias, pero para unha porcentaxe que ronda o 10-15% entrar en contacto con él determina o desenvolvemento dunha conducta aditiva. A mesma pauta, explica Miguel Casas Brugué, rixe cada unha das drogodependencias".

Os actos de celebración do XX Aniversario continuan coa IV Expoxición Arte e Solidaridade o dia 22 de Xaneiro.

(Para máis información consultar o Calendario de actos adxunto)



Enlace web:
web Galería Fotográfica

Documentación:
doc Calendario de actos (pdf)

.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020