14/01/2010
O reitor Senén Barro e o director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo, asinaron un convenio marco para a realización de accións de interese mutuo entre a USC e a Fundación Proxecto Home. O acto protocolario de sinatura celebrouse este martes 12 ás 11:30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
Con esta colaboración, preténdese achegar ao persoal e estudantes da USC un mellor coñecemento de Proxecto Home, ofrecendo asesoramento científico- técnico e colaboración no desenvolvemento de plans de actuación, ao tempo que fomentar o compromiso da comunidade universitaria en proxectos solidarios e de voluntariado, entre outros asuntos.
Proxecto Home Galicia celebra neste ano o XX Aniversario da apertura do primeiro centro en Santiago de Compostela, polo que este acto ten unha especial relevancia xa que é unha mostra máis do gran apoio social co que conta a nosa entidade, froito destes vinte anos de entrega solidaria e dun traballo serio e eficaz no eido das adiccións e ao servizo da sociedade galega.
Documentación:
Sinatura convenio
|