19/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Visita a Comunidade Terapéutica

O Tenente Alcalde, Xosé Castro Ratón, e a Concelleira Igualdade e Benestar Social, Ana Lorenzo Fraga do Concello de Vilagarcía de Arousa visitan a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia


FOTO 12/12/2009 


A relación de Proxecto Home Galicia co Concello de Vilagarcía de Arousa sempre foi moi estreita xa que, desgraciadamente, centos de familias desa vila e da comarca solicitaron a axuda de Proxecto Home debido aos problemas de drogadicción dalgún dos seus membros.

Dende hai anos esa relación plasmouse nun convenio de colaboración que contribúe ao sostemento dun Piso de Información, Orientación e Apoio que ven funcionando en Vilagarcía de Arousa.
Por todo isto, xurde a idea que representantes deste municipio visiten as instalación da Comunidade Terapéutica e coñezan de preto o traballo que está a desenvolver Proxecto Home Galicia.

Durante esta visita percorreron todas as instalacións e despois tiveron a oportunidade de manter unha reunión informal cos mozos e mozas a tratamento neste centro e co equipo educativo-terapéutico do mesmo.

Finalmente, compartiron a comida cos usuarios do centro e remataron a visita comprometéndose a seguir colaborando con esta institución para que outros mozos e mozas teñan a oportunidade de refacer a súa vida.



.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020