22/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Colaboración

Presentación do libro “Boas Noites, Ourense” de Teófilo Comunicación


FOTO 28/10/2009 


No edificio Simeón da Deputación de Ourense presentouse o libro "Boas Noites, Ourense" publicado pola empresa de comunicación compostelá Teófilo Ediciones.

 Esta empresa, con máis de 20 anos de traxectoria no mundo da comunicación doará o 10% das vendas deste libro a Proxecto Home Galicia para o mantemento dos programas e servizos que desenvolve esta institución benéfico-asistencial.
O libro edita fotografías de Ourense captadas entre as 3 e as 7 da mañá, sen xente nas rúas, para mostrar a cidade tal como é e aqueles detalles que o bulicio nos impide ver.


Ao acto estivo presidido polo Presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar e asistiron distintas personalidades da sociedade ourensá que coa súa presenza quixeron apoiar o nacemento desta obra.
Anteriormente, o 7 de agosto, presentouse a publicación “Boas Noites, Pontevedra” ao que asistiron, entre outras personalidades o Conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda.

Foi un acto moi emotivo no que tanto o Director de Proxecto Home Galicia como o Director de Teófilo Comunicación agradeceron aos participantes a súa asistencia e colaboración coa labor que está a desenvolver Proxecto Home Galicia dende hai case 20 anos.


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020