18/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



XIX Festa da Solidariedade de Proxecto Home Galicia


FOTO 19/09/2009 


Un ano máis a Asociación de Familias e Amigos de Proxecto Home Galicia convocou a todos os seus socios xa as familias e usuarios de Proxecto Home Galicia para a celebración da XVIII edición da "Festa de Solidariedade".

Este ano, Santiago de Compostela acolleu esta tradicional festa que congregou máis de 2.000 persoas, vindas de todos os cantos de Galicia, no Multiúsos Fontes do Sar, cedido xenerosamente polo Concello de Santiago de Compostela.
A xornada iniciouse cunha concentración na Praza do Obradoiro para, a continuación, asistir á Misa do Peregrino na Basílica compostelá.
Ás 15:30 h. despois dunha comida na que se compartiron exquisitas viandas, os usuarios dos distintos centros interpretaron unha serie de curtos teatrais que fixeron as delicias de nenos e maiores.
Finalizou a xornada sobre as 18:00 h. e foi un gran éxito como quedaba reflectido nos rostros dos participantes que xa quedaron emprazados para o segundo sábado do mes de setembro de 2010.


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020