19/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



XVIII Asemblea da Asociación de Familias e Amigos de Proxecto Home Galicia.


FOTO 03/04/2009 


A Asociación de Familias e Amigos de Proxecto Home Galicia celebrou en Santiago de Compostela, no centro de Acollida, a súa XVIII Asemblea Ordinaria.

Os socios recibiron información sobre as actividades realizadas pola Asociación nos últimos doce meses.

Presentáronse as contas do exercicio 2008 que foron aprobadas por unanimidade.

Tamén se informou sobre as actividades desenvolvidas no ano 2008 con especial atención á Festa da Solidariedade, celebrada en Santiago e que foi un rotundo éxito.

Ramón Gómez, Director de Proxecto Home Galicia, informou sobre certos aspectos do Programa Educativo-Terapéutico e agradeceu a colaboración da Asociación na consecución dos obxectivos do Programa.

Por último, elixíronse novos cargos da Xunta Directiva da Asociación resultando designada para o posto de Presidenta da mesma Rosa Barcala, que tivo emocionadas palabras de agradecemento para o presidente saínte, Miguel Ruíz Ballesteros.


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020