20/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



Visita do Conselleiro do Medio Rural


FOTO 02/07/2009 


O Conselleiro do Medio Rural, D. Samuel Jesús Juárez Casado, acompañado pola Directora Xeral de Innovación e Industrias Forestais, Alejandra Álvarez de Mon Regoe polo Director Xeral de Montes, D. Tomás Fernández-Couto Juanes chegaron a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia en Cernadas, Concello de Val do Dubra.

A súa chegada foron recibidos polo Director de Proxecto Home Galicia, D. Ramón Gómez Crespo e polo Xerente da  Fundación Monte do Gozo, D. Jesús García Vázquez quenes os acompañaron a facer un percorrido polas instalacions da Comunidade Terapéutica, suscitando especial interese as actividades relacionadas co convenio de colaboración que a Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home e a Consellería do Medio Rural manteñen dende o ano 1998: Invernadoiros e cultivos o aire libre, piscifactoría e silvicultura.

A continuación o conselleiro mantivo un pequeño encontro co equipo educativo-terapéutico deste centro e seguidamente, presidiu o acto de entrega dos diplomas os  60 alumnos participantes nos cursos de: Horticultura, Xardinería, O Cabalo: iniciación ao adestramento e Fruticultura. Neste acto tamén estivo presente D. Ángel Espadas Escanciano, voluntario e responsable desta área.

Inmediatamente despois o conselleiro entrevistouse cos usuarios do centro nun encontro distendido e finalmente os responsables da Consellería do Medio Rural compartiron a comida coas persoas residentes neste centro e co equipo educativo-terapéutico.



.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020