19/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Colaboración con Proxecto Home.

Presentación do libro "Boas Noites, Santiago" deTeófilo Ediciones.


FOTO 18/12/2008 


Na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela presentouse o libro "Boas Noites, Santiago" publicado pola empresa de comunicación compostelá Teófilo Ediciones. Esta empresa, con máis de 20 anos de traxectoria no mundo da comunicación doará o 10% das vendas deste libro a Proxecto Home Galicia para o mantemento dos programas e servizos que desenvolve esta institución benéfico-asistencial.

O libro consta de 94 fotografías de Santiago captadas entre as 3 e as 7 da mañá, sen xente nas rúas, para mostrar a cidade tal como é e aqueles detalles que o bulicio nos impide ver.

Ao acto asistiron distintas personalidades da sociedade compostelá que coa súa presenza quixeron apoiar o nacemento desta obra.

O condutor do acto, Nacho Capeáns Director de Antena 3 Galicia destacou a exemplar traxectoria de Teófilo Ediciones en Galicia e tamén quixo subliñar o labor de Proxecto Home no
ámbito da rehabilitación e reinserción social de persoas adictas.

O Director de Proxecto Home Galicia agradeceu o solidario xesto desta empresa coas seguintes palabras: “... permítanme unha breve e, talvez, algo tópica alusión ás coñecidas palabras do poeta galego Celso Emilio Ferreiro. José Luís Teófilo, mesturando luz, intelixencia e emoción, converteu as longas noites de pedra da nosa cidade en marabillosos lugares de vida, repletos de atracción e suxestións, que nunca se borrarán da nosa memoria humanizada. En Proxecto Home Galicia, mesturando tamén luz, intelixencia e emoción, mesturando a vosa implicación e a noso, centos de homes e mulleres loitan por converter o seu particular longa noite de pedra nun espléndido lugar de vida e de esperanza que nunca se retirarán do noso recordo humanizado…”

Pola súa banda, José Luís Teófilo, resaltou profundo vínculo que lle une a Santiago de Compostela, de onde xurdiu a idea de editar este peculiar libro e, por último, resaltou o traballo que desenvolve Proxecto Home Galicia e o seu apoio incondicional ao labor que esta institución realiza.


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020