|
|
novas

Visita en Bastiagueiro
Manuel Aguilar, Director da Obra Social de Caixa Galicia, visita as instalacións de Proxecto Home Galicia en Bastiagueiro-Oleiros (A Coruña)
30/11/2008
O Director da Obra Social de Caixa Galicia, Manuel Aguilar, foi recibido por Ramón Gómez Crespo, Director de Proxecto Home Galicia; Vicente Iglesias Martelo, membro do Padroado da Fundación Monte do Gozo e por Juan Carlos Permuy Bermúdez, coordinador do Centro de Proxecto Home Galicia en Bastiagueiro - Oleiros (A Coruña).
Manuel Aguilar visitou as instalacións e mantivo un encontro cos residentes do centro no que fixo especial fincapé na colaboración que a Obra Social de Caixa Galicia mantivo, ininterrompidamente con Proxecto Home Galicia dende a súa implantación no ano 1990. Ademais, animou aos usuarios para que continúen o seu traballo e loiten por abandonar a súa adicción e por reintegrase satisfactoriamente na sociedade.
Pola súa banda, o Director de Proxecto Home Galicia agradeceu a presenza de Manuel Aguilar no centro e o apoio incondicional de Caixa Galicia ao longo de todos estes anos.
|

|
|
[ ATRÁS ]
|
|
|
|