20/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Visita a Comunidade Terapéutica.

Alberto Núñez Feijoo, Presidente do PP de Galicia, visita a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia en Cernadas (Val do Dubra)


FOTO 31/10/2008 


O Presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijoo foi recibido no Centro de Proxecto Home Galicia polo director desta institución, Ramón Gómez Crespo e polo Xerente da Fundación Monte do Gozo, Jesús García Vázquez. Acompañaban ao dirixente popular, o Alcalde de Val do Dubra, José Manuel Baleato; o candidato popular á alcaldía de Santiago, Gerardo Conde Roa e Amelia González, concelleira do Concello de Santiago.

Tras realizar un percorrido polas instalacións visitando a vivenda, os sectores de lavandaría, mantemento, etc; as zonas habilitadas para os traballos de horticultura ao aire libre e baixo abrigo; os boxes e pradarías onde se desenvolve o programa de hipoterapia e de formación ocupacional con équidos; a piscifactoría para o engorde de troitas...

Seguidamente, mantivo un encontro cos usuarios deste centro quen abordaron cuestións de interese para eles e compartiron a súa experiencia con Alberto Núñez Feijoo, que lles animou para continuar adiante e ofreceulles o seu apoio para o que precisasen.


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020