19/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Firma de Convenio.

O Director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo, asina en A Coruña un convenio coa Obra Social de Caixa Galicia para a implantación dun sistema de calidade na Comunidade Terapéutica de Cernadas (Val do Dubra)


FOTO 16/09/2008 


Dende fai xa un ano e medio un grupo de profesionais de Proxecto Home Galicia vén participando nun programa financiado pola Obra Social de Caixa Galicia denominado Socialia Calidade co obxecto de preparar determinados servizos para a obtención do certificado de
calidade segundo a norma ISO 9001:2000.

Con este fin estanse a revisar e realizando todos os trámites para, como primeiro paso, certificar a Comunidade Terapéutica de Cernadas (Val do Dubra) coa intención en futuras edicións de seguir traballando nos outros servizos da fundación.

O Director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo, nun acto presidido polo Director Xeral de Caixa Galicia, José Luís Méndez, asinou un convenio de colaboración xunto cunha vintena de ONGs que participan no mesmo programa.


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020