22/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Entrega de diplomas na Comunidade Terapéutica

Gonzalo Flores Calvete, Director Xeral de Investigación, Tecnología y Formación Agroforestal de la Consellería del Medio Rural de la Xunta de Galicia, entrega los diplomas a los participantes en los cursos financiados por esta consellería.


FOTO 10/07/2008 


Gonzalo Flores realizou un percorrido polas instalacións dedicadas ás actividades relacionadas coa hortifruticultura obxecto do convenio que Proxecto Home Galicia mantén coa Consellería
do Medio Rural.

Visitou primeiramente as parcelas destinadas aos cultivos ao aire libre e despois os cultivos que se realizan nos invernadoiros.

Achegouse tamén ás instalacións que acollen as actividades relacionadas cos cabalos onde puido presenciar unha demostración que realizaron os participantes no curso de "O cabalo: iniciación ao adestramento".

Por último, acompañado polo Director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo e polo coordinador do proxecto hortícola, Anxo Espadas Escanciano entregou os diplomas ás máis de corenta persoas participantes nos cursos financiados pola Consellería do Medio Rural: "Horticultura", "O cabalo: iniciación ao adestramento", "Aplicador de produtos fitosanitarios básico", "Xardinería" e "Fructicultura".

No transcurso deste acto animou aos usuarios do centro para que continúen o tratamento neste centro e valorou moi positivamente o esforzo que se está realizando por parte da Consellería do Medio Rural e por parte de Proxecto Home Galicia para manter este innovador proxecto na Comunidade Terapéutica.



.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020