20/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Xornada solidaria

II Carreira Solidaria Popular do Polígono do Tambre


FOTO 01/06/2008 


Esta segunda edición da proba tiña o obxectivo de recaudar fondos para  Proxecto Home Galicia que, gracias aos atletas participantes e aos demáis asistentes foi de 893,87 euros. Ramón Gómez Crespo, director de Proxecto Home Galicia, mostrou o seu agradecemento as entidades organizadoras, os atletas e os deportistas que se achegaron ata o polígono do Tambre. Entre eles destacaron o entrenador da Selección Galega de fútbol, Arsenio Iglesias, os atletas Alejandro Gómez e Pedro Nimo -promotor desta iniciativa solidaria-, o ciclista nado en Teo do Karpin Galicia, Ezequiel Mosquera e o ex xogador do Deportivo e do Compostela José Ramón
González.

A gañadora na categoría infantil feminina foi Virginia Pérez e na categoría infantil masculina foi Aldán Delgado (do Atletismo Milladoiro). A campiona na categoría feminina de adultos foi María Jesús Valiño (do Clube Ría Ferrol Concepción Arenal), seguida de María Yolanda Gutiérrez (do Atletismo Milladoiro) e Victoria Fernández.

O mesmo tempo, na categoría masculina de adultos venceu José Manuel Vieito (do Clube Cimáns Coruña Comarca) seguido de Miguel Carrillo (do Atletismo Milladoiro) e Luis Alfonso Novo (tamén do Cimáns).

"O máis importante é o significado que ten esta proba, que é unha carreira solidaria", afirmóu Ramón Gómez o peche da proba. "É moi de agradecer o donativo, son casi novecentos euros, pero é máis importante agradecer a sensibilidade por parte dos organizadores hacia a nosa organización, dos participantes que entregan o mellor de sí coa sua participación e a colaboración como non, o realce que lle dan coa súa presenza e participación todas estas figuras do deporte galego e a Pedro Nimo pola súa iniciativa", engadiu o presidente de Proxecto Home Galicia moi emocionado.






Enlace web:
web Galería Fotográfica

.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020