19/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Visita en Bastiagueiro

D. Xoán Manuel Sande Deputado de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación Provincial de A Coruña, visita o centro de Bastiagueiro, Oleiros.


FOTO 08/07/2008 


Xoán Manuel Sande achegouse o centro de Proxecto Home Galicia en Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña) cumprindo o compromiso realizado hai uns meses durante a súa visita a  Comunidade Terapéutica de Cernadas (Val do Dubra).

Durante a visita, o deputado quixo comprobar "in situ" o traballo que desenvolve Proxecto Home neste centro no que actualmente están implantados un programa para persoas adictas o alcohol e un programa para persoas adictas aos opiáceos.

Tivo a oportunidade de compartir uns momentos coas familias dos usuarios que se atopaban no centro asistindo a unha das actividades organizadas dentro da terapia familiar, xa que para Proxecto Home é fundamental a implicación da familia para garantizar o éxito do tratamento dos usuarios.

Despois de visitar todas as instalacións, reuniuse no salón de actos cos usuarios deste centro aos que animou a continuar loitando por abandonar a súa adicción e cos que se comprometeu a colaborar con Proxecto Home na medida das súas posibilidades. Pola súa banda, os usuarios fixeronlles chegar o seu agradecemento  pola súa sensibilidade e solidariedade, e sobre todo, pola súa cercanía e apoio.

Por último, Xóan Manuel Sande, mantivo unha entrevista persoal co Director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo, para concretar líñas de colaboración entre as duas institucións co obxecto de garantir a eficacia e continuidade dos programas.



Enlace web:
web Galería Fotográfica

.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020