24/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Unha delegación da Federación Europea de Comunidades Terapéuticas (EFTC) visita Proxecto Home Galicia

Expertos internacionais en Proxecto Home


FOTO 11/04/2008 


Durante o pasado mes de abril, Georges van der Straten, Vicepresidente de EFTC e director de Trempoline visitou varios programas terapéuticos de Proxecto Home Galicia; viña acompañado por Elena Nikolova, búlgara e pola Directora da Asociación Proyecto Hombre, Charo Abaitua; fixoo en calidade de representante da EFTC, e coa vontade manifiesta de poder observar e comprobar sobre a realidade respostas concretas que a nivel terapéutico dende Proxecto Home estanse a  dar a determinadas situacions de adicción, para poder abordar procesos de rehabilitación en circunstancias de diferente complexidade.

Georges van der Straten puido visitar o programa de Santiago de Compostela (incluindo a atención a mulleres con nenos menores o seu cargo) e Reinserción, e también o programa específico para cocainómanos en horario compatible coa actividade laboral. En Vigo, visitou tamén o programa tradicional nas suas tres fases, o programa específico para cocainómanos e o centro especializado para rehabilitación de persoas que sofren unha patoloxía dual "Acougo". Finalmente en Ourense puido visitar tamén a Comunidade Terapéutica Urbana, o programa de ludopatías e a Comunidade Terapéutica Intrapenitenciaria, ubicada no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar.

Georges van der Straten tivo a amabilidade de remitirnos mediante un breve escrito as impresions que esta visita lle causaron. De entrada todo isto foi para él "unha grande sorpresa". Quedou impresionado, -iso di él literalmente- polo alto nivel de coñecementos, pola preocupación que existe pola calidade do traballo a facer e pola creatividade para dar respostas axeitadas a realidades que así as estén demandando. Todo dentro dunha gama de aspectos que dan seriedade e solvencia o traballo feito: rehabilitación, formación profesional, servizos de investigación, administración, xestión dos edificios, movilización da sociedade civil, etc.

Os nosos visitantes quedaron especialmente impresionados, e así o recalcan moi emotivamente, pola realidade e o funcionamiento da Comunidade Terapéutica Intrapenitenciaria, da que recolleron datos precisos e circunstancias relevantes; impresionoulles que un medio tan negativo, en principio, como é una prisión poidese estar convertido nun espazo físicamente grato e incluso atrainte, e que nese espacio se levasen a cabo con garantía e eficacia procesos de rehabilitación de persoas tan degradadas como poden ser as que, por diferentes razons, se viron privadas de liberdade. Todo grazas a unha boa conxunción entre a administración penitenciaria e o equipo terapéutico de Proxecto Home.

Dende Proxecto Home Galicia recibimos con satisfacción e agradecemento as impresions que nos devolve Georges van der Straten. Sentimonos máis animados e motivados para proseguir co noso traballo, e gustosamente compartimos con tódolos lectores estos sentimentos que dalgunha forma poderían ser os de tódolos programas da Asociación de Proyecto Hombre.



Enlace web:
web Galería Fotográfica

.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020