19/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Visita do responsable de Benestar Social

D. Xoán Manuel Sande Muñiz, deputado responsable da área de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Linguística da Deputación da Coruña visitou a Comunidade Terapéutica de Cernadas


FOTO 09/04/2008 


O deputado provincial, acompañado do Director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gomez Crespo, e outros responsables da entidade, visitou as instalacions da Comunidade terapéutica "As Cernadas", no Concello de Val do Dubra, onde se trata da súa adicción a unhas sesenta persoas.

Mentres coñecía de preto as instalacions e os diversos programas educativos e terapéuticos que se desenvolven no centro, Xóan Manuel Sande destacou "a importante labor social que se ven facendo en Proxecto Home Galicia nos últimos dezaoito anos", a  vez que se comprometeu a estudar as vías de cooperación económica entre a institución provincial e a entidade, que permitan desenvolver novos programas ou mellorar os existentes "tanto no ámbito sanitario como no social", para as persoas en proceso de rehabilitación.

Antes de finalizar a súa visita mantivo un encontro informal coas persoas que residen neste centro, quen lle fixeron chegar as súas inquietudes e necesidades.


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020