24/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

O Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar (Ourense) distingue a Proxecto Home Galicia polo labor que ven desenvolvendo dende o ano 2001 na Comunidade Terapéutica Intrapenitenciaria deste centro.

Distinción a Proxecto Home


FOTO 26/09/2007 


Iniciáronse os actos cunha misa de acción de grazas presidida polo Bispo de Ourense, Luís Quinteiro Fiúza.
A continuación no salón de actos procedeuse á entrega das distincións, recollendo a outorgada a Proxecto Home Galicia o seu Director, Ramón Gómez Crespo. Este premio é froito do traballo que Proxecto Home Galicia ven desenvolvendo dende o ano 2001 neste centro penitenciario no que está a atender diariamente a 40 reclusos e reclusas, que inician este tratamento libre de drogas dentro do cárcere buscando unha saída ao escuro túnel no que están inmersos.
Seguidamente, os mozos e mozas da Comunidade Terapéutica Intrapenitenciaria que xestiona Proxecto Home Galicia neste centro penitenciario, interpretaron unha pequena obra de teatro, cunha mensaxe esperanzadora e moi significativa para todos os presentes.
Por último, a dirección do centro penitenciario convidou ás persoas asistentes a estes actos a un ágape no recinto do cárcere.


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020