|
|
novas

Inauguración en Ourense
O Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, inaugura o Pazo de Guizamonde no marco da XVII Festa da Solidariedade de Proxecto Home Galicia
15/09/2007
O Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, acompañado da súa dona, Esther Cid,presidiu a inauguración en Ourense do Pazo de Guizamonde, nova sede de Proxecto Home Galicia na cidade das burgas. A este acto acudiron tamén para mostrar o seu apoio nesta data tan importante na historia de Proxecto Home Galicia o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez Fernández, o bispo de Ourense, Luis Quinteiro Fiúza; a Vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Mª Tereixa Paz Franco; o Secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, Pablo López Vidal; a Conselleira de Sanidade, Mª José Rubio Vidal; o Presidente da Deputación Provincial de Ourense, José Luis Baltar Pumar, entre outras autoridades e personalidades asistentes. A xornada iniciouse coa bendición das instalacións a cargo do bispo de Ourense, Luis Quinteiro Fiúza. Seguidamente un mozo en tratamento no centro de Ourense deu a benvida ás autoridades e ás máis de dúas mil persoas asistentes. A continuación o Director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo, dirixiuse ós asistentes resaltando a importancia desta data e a gran axuda recibida pola Xunta de Galicia e polas empresas patrocinadoras para acadar a total restauración do
pazo.
Despois de finalizado o acto de inauguración o presidente e a súa dona, acompañados do Director de Proxecto Home Galicia, saudaron ó equipo terapéutico-educativo do centro de Ourense e percorreron as instalacións, antes de descubrir unha fermosa escultura realizada polos mozos e mozas do obradoiro de cantería.
A continuación María do Ceo interpretou varias cancións, unha delas acompañada por un coro de persoas en tratamento neste centro, coas que estivo ensaiando durante máis de quince días, deleitando a todos coas súas fermosas cancións. Pola tarde, despois do xantar, un representante de cada centro de Proxecto Home Galicia entregou equipo do centro de Ourense un agasallo para o novo centro realizados polas
persoas en tratamento nos respectivos centros. A xornada festiva continuou cun concerto de María do Ceo que coa súa extraordinaria chegou ó corazón de todos os presentes interpretando cancións do seu novo traballo e tamén temas, xa populares, que corearon os máis animados.
Pechou este gran día Ramón Gómez Crespo con palabras de agradecemento a todos os que fixeron posible este gran proxecto, destacando a participación e apoio das empresas ourensáns e institucións que patrocinaron as obras: Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, Consellería de Sanidade, Concello de Ourense, Deputación Provincial de Ourense, Caixa Galicia, Caixanova, Fundación Florencio Álvarez, Grupo Pérez-Rumbao, Revi e Construccións Hermanos Carrajo. Tamén agradeceu a colaboración de varios artistas ourensáns que doaron as súas obras
para embelecer, máis se cabe, o Pazo de Guizamonde e do arquitecto que dirixiu as obras e gran amigo de Proxecto Home Galicia, Luís Vázquez Arcay.
Enlace web:
Galería Fotográfica
|

|
|
[ ATRÁS ]
|
|
|
|