18/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Visita á Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia en Cernadas

Visita do Conselleiro do Medio Rural da Xunta de Galicia, Alfredo Suárez Canal


FOTO 30/07/2007 


O Conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, achegouse á Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia en Cernadas-Val do Dubra (A Coruña) para entregar os diplomas
acreditativos de participación nos cursos organizados por Proxecto Home Galicia en colaboración con esta consellería: “Xardinería e paisaxismo”, “Horticultura” e “O cabalo: iniciación ó adestramento”.
Antes o conselleiro presenciou unha demostración realizada polas persoas en tratamento neste centro e que participaron no curso de “Cabalo: iniciación ó adestramento”. Durante preto de quince minutos realizaron distintos exercicios cos cabalos, amosando os coñecementos adquiridos durante o curso realizado.

Seguidamente, dirixiuse á zona habilitada para o desenvolvemento do programa educativo de horticultura que se leva a cabo durante todo o ano e no que se realizan diversas accións teórico-prácticas en cultivos baixo abrigo e o aire libre. Xa no salón do centro, o conselleiro acompañado por Ramón Gómez Crespo, Director de Proxecto Home Galicia e de Ángel Espadas Escanciano, coordinador dos cursos que se desenvolveron este ano, procedeu a entrega dos 45 diplomas ás persoas que participaron nos mencionados cursos.
Finalmente, o conselleiro, Alfredo Suárez Canal, aceptou a invitación a xantar que lle fixeron os mozos e mozas deste centro e compartiu a comida que prepararon as persoas integrantes do sector de cociña, capitaneados por Rafael Brantuas Canay, profesor da Escola de Hostelería de Santiago de Compostela e colaborador de Proxecto Home Galicia.



Enlace web:
web Galería Fotográfica

.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020