22/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Presentación do proxecto de restaruración integral do Pazo de Guizamonde como sede de Proxecto Home Galicia en Ourense.

O Pazo de Guizamonde sede en Ourense


FOTO 16/04/2007 


Nas instalacións do centro de Proxecto Home en Ourense, celebrouse o acto de presentación do Proxecto de Restauración Integral do Pazo de Guizamonde as distintas adminstracions e empresas que colaboraron en que este vello soño sexa hoxe unha esperanzadora realidade.

Este proxecto iniciouse cun triple obxetivo: a mellora dun patrimonio público; a habilitación dunha infraestructura de uso compartido co barrio no que esta emprazado, e especialmente afectado polas consecuencias da drogodependencia:biblioteca pública e salón de usos múltiples; e por último, acondicionamento na parte restante do edificio para desenvolver as actividades de Proxecto Home.

O Pazo de Guizamonde empezouse a restaurar no ano 2003, cunha partida de 210.354,24 € da Consellería de Política Territorial coa que se acometeu a rehabilitación da cuberta do edificio. Para termia-la rehabilitación do inmoble quedaban pendentes de financiamiento 735.200,29 €.

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, no año 2006 aportou 233.334,72 € para acomete-la primeira fase do proxecto. A Consellería de Sanidade comprometeuse para o exercicio 2007-2008 a aportar 207.785,41 € . A Excma. Deputación Provincial de Ourense, financiará o 44% da terceira fase, por importe de 140.000,00 € (que se materializará nos anos 2007 e 2008).

Ademáis, seis empresas e entidades do tecido social de Ourense (Caixa Galicia, Caixanova, Construcciones Hermanos Carrajo, Electricidade Revi, Fundación Florencio Álvarez e Grupo Pérez Rumbao) aportarán 180.000,00 € para terminala terceira fase e dotar de mobiliario ó centro. Por outro lado o Excmo. Concello de Ourense, ademáis da cesión do uso do Pazo, comprometeuse a asumir 33.969,11 € correspondentes o proxecto básico de execución e dirección das obras de rehabilitación.

Gracias a colaboración e xenerosidade de todas estas institucions e empresas, hoxe a restauración deeste fermoso edificio é unha realidade que dotará a cidade é a provincia de Ourense dun centro asistencial punteiro no marco das adiccions.

A inauguración do novo centro está prevista para ó próximo 15 de setembro, coincidindo coa XVII Festa da Solidaridade.




.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020