22/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Visita de DªMª José Rubio Vidal, Conselleira de Sanidade da Xunta

Visita as instalacións de Proxecto Home Galicia en Vigo


FOTO 26/07/2007 


A Conselleira de Sanidade, Mª José Rubio, achegouse ó centro de Vigo correspondendo a unha invitación de Ramón Gómez, Director de Proxecto Home Galicia que a recibiu neste centro.

Mª José Rubio, acompañada polo Director Provincial do Sergas en Pontevedra, José Emilio Santiago Nieto; polo Subdirector Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias, Víctor Pedreira Crespo, e polo Director de Proxecto HOme Galicia, Ramón Gómez, percorreu toas as instalacións. Primeiro achegáronse ó centro onde se desenvolve o Programa Acougo para persoas diagnosticadas con Patoloxía Dual. Aquí a Conselleira mantivo un pequeno encontro co equipo educativo-terapeútico e despois tivo unha charla informal coas persoas en tratramento, interesándose polas actividades que realizan e as súas preferencias respecto a estas. Antes de abandonar este centro os mozos e mozas entregáronlle un agasallo realizado por eles mesmos no taller prelaboral de cerámica.

A continuación visitou os talleres onde se desenvolveron os cursos de formación ocupacional e os obradoiros prelaborais, mostrando moito interese polo esforzo que desde Proxecto Home se fai para favorecer este tipo de Actividades.

Dirixiuse despois ó outro inmoble onde se desenvolven o resto dos programas para manter, no salón de actos un encontro informal coas familias e as persoas en tratamento neses programas. Primeiro Ramón Gómez dirixiu unhas palabras de agradecemento á conselleira e ó resto de autoridades presentes polo seu interese por coñecer o traballo que desenvolve Proxecto Home e pola gran sensibilidade que sempre transmite no relativo ó mundo das adiccións.

Pola súa parte a conselleira quixo deixar constancia diante de usuarios/as e familias da grata sensación que sempre ten cando visita un centro de Proxecto Home, suliñando o ambiente de paz, traballo e cooperación que existe. Comprometeu os seus esforzos en seguir colaborando, na medida do posible con Proxecto Home Galicia e animou, encarecidamente as persoas en tratamento e as súas familias a non abandonar a loita a pesar do que supón superar unha situación tan delicada como é unha addicción.

Finalizado este pequeno encontro a conselleira foi falando con todas as familias que se lle foron achegando para manifestarlle o seu agradecemento pola visita e o a poio mostrado.



Enlace web:
web Galería Fotográfica

.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020