24/09/2018
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



Convenio de colaboración coa Conselleria de Sanidade da Xunta de Galicia


FOTO 23/02/2018 


O director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo, asinou esta mañá un convenio de colaboración co Servizo Galego de Saúde, nun acto que presidiu o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña.
Xunto con Proxecto Home Galicia, asinaron un convenio outras catro organizacións, que desenvolven programas de asistencia a pacientes con trastornos relacionadas con substancias e trastornos aditivos derivados do uso das drogas.

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, ven colaborando con Proxecto Home Galicia dende o ano 1991 no financiamento de distintos programas e dispositivos.
Despois de varios anos de duros recortes, minorándose nun 20% o importe do mesmo (máis de 200.000 €), no ano 2018 a contía deste convenio incrementouse en pouco máis de 40.000 € (5%), o que supón un pequeno “respiro” despois de case dez anos de continuas diminucións das colaboracións, tanto públicas como privadas.

O convenio asinado ten por obxecto a realización dos programas previstos no proxecto do novo Plan de Trastornos Adictivos de Galicia, entre os que atopan como medidas a mellora na atención a persoas que padecen simultáneamente un trastorno adictivo e outro trastorno mental (patoloxía dual) e a atención de terceiro nivel (en réxime residencial) que se presta na comunidade terapéutica, así como a mellora na coordinación cos dispositivos da rede de saúde mental e atención primeira e a atención a novas condutas de atención clínica.



.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          








 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020