18/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



27 Aniversario da Comunidade Terapéutica de As Cernadas


FOTO 05/08/2017 


O máximo mandatario autonómico, presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou este sábado as instalacións que Proxecto Home ten no municipio de Val do Dubra (A Coruña) con motivo da celebración do XXVII aniversario desta iniciativa. Ao acto tamén acudiron, entre outras autoridades, o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, e o conselleiro de Economía, Francisco Conde.

Unhas 300 persoas conmemoraron onte o aniversario destas instalacións. Entre os presentes atopábanse, o conselleiro Francisco Conde e outros cargos da Xunta, Parlamento, concellos de Santiago e Val do Dubra, así como representantes da USC, do Poder Xudicial, do Arcebispado e diversas empresas, ademais de Proxecto Home.

Ramón Gómez Crespo, director de Proxecto Home, ensinoulles as dependencias. Cada ano pasan por Cernadas 150 persoas que eran a maioría de quen asistiu onte, acompañadas de familiares.
"Esta casa non pecha, esta casa está aberta para todos os que queren abandonar o cárcere da droga, aqueles todos que queren abrazar a liberdade da vida e da autonomía".

O presidente da Xunta, destacou o labor da Comunidade Terapéutica de Proxecto Home en Val do Dubra e referiuse á organización como un exemplo de que a loita contra a droga é un reto que “só se pode gañar entre todos”.

Durante unha visita ás instalacións, Feijóo aseverou que a drogodependencia é unha realidade que segue a precisar das administracións e de entidades que loiten contra ela, así como do conxunto da sociedade. E, nesta liña, garantiu o compromiso da Xunta como parte activa dese “entre todos”, a través de políticas efectivas en materia de prevención, rehabilitación e inserción social. “Queremos seguir sendo útiles nesta loita” reiterou, destacando, por exemplo, que no eido da reinserción este colectivo –como parte das persoas en dificultade de inserción- é prioritario para acceder á maior parte das axudas en materia de emprego.

Ao longo da súa intervención, Feijóo recoñeceu o labor dos traballadores de Proxecto Home, “que levan traballando durante 27 anos en silencio con fracasos pero tamén con éxitos”; e das familias, “o valor fundamental para
saír das drogas e poñerse en pé”. E puxo en valor o esforzo de todos aqueles que decidiron “abandonar as cadeas das drogas e abrazar a liberdade da vida e da autonomía persoal”, conseguindo rehabilitarse.

O presidente da Xunta concluíu facendo fincapé en que hoxe en Galicia non se entendería sen Proxecto Home, xa que sen esta organización teriamos unha Galicia peor, menos solidaria, menos aberta e con menos
posibilidades de reinserción.



.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020