19/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



O Conselleiro de Industria inaugura o Centro de Educación Ambiental enerxéticamente autosuficiente de Proxecto Home


FOTO 29/03/2017 


Francisco Conde inaugurou hoxe as novas instalacións de Enerxías Renovables de Proxecto Home na Comunidade Terapéutica As Cernadas.

Estas novas instalacións permiten que As Cernadas sexa completamente autosuficiente empregando enerxía limpa, principalmente fotovoltaica e biomasa.

Trátase dun proxecto pioneiro xa que coexisten distintas tecnoloxías de acumulación: baterías tradicionais de chumbo e baterías de nova xeración de ión litio, o que permitirá realizar estudos sobre novos sistemas almacenamento de enerxía e analizar a súa viabilidade para mellorar a eficiencia e a calidade de subministro eléctrico no entorno rural galego.

Asimesmo no acto de hoxe fixéronse entrega dos diplomas do primeiro curso de formación en enerxías renovables e eficiencia enerxética realizado polos usuarios da comunidade terapéutica o que lles permitirá dipoñer de mellores oportunidades laborais nun sector que será un dos principáis motores de emprego nas próximas décadas.

Ademáis do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiron ao acto o Director Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, Angel Tahoces, o director do INEGA, Emérito Freire e o Director da Fundación Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo.




Enlace web:
web Galería Fotográfica

.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020