20/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Lugar: Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Inauguración da Exposición “ARTE E SOLIDARIEDADE” en Pontevedra


FOTO 18/02/2016 


A exposición, organizada con motivo do 25 aniversario do Proxecto Home Galicia e comisariada por Antón Sobral, estará en Pontevedra do 18 de febreiro ao 6 de marzo no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, rematando así a programación itinerante desenvolvida nos últimos meses nas sete cidades máis grandes de Galicia. Pintura, escultura, fotografía e vídeo compoñen esta mostra que pon de relevo o valioso compromiso social e a solidariedade de preto de 300 artistas que colaboran nela, donando total o parcialmente as súas obras.

A exposición pretende, por unha banda, amosar o respaldo que os artistas plásticos dan aos proxectos que, coma este, traballan para dar resposta a problemas sociais, como a drogodependencia, aínda sen resolver, e por outra, acadar fondos que contribúan á tarefa que desenvolve Proxecto Home Galicia. 


Aínda que non se parte dun proxecto unitario de exposición desde o punto de vista artístico, si que o é polo feito de ter como soporte o sentimento solidario dos artistas que nela participan, pola atención que a Organización pon na calidade das obras doadas, co fin de estar á altura das pasadas edicións. Ademais, búscase potenciar a representatividade dos artistas nas diversas localidades onde a exposición estivo presente: Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Vigo, Lugo, Ourense e agora en Pontevedra, lugar onde dará peche esta VII exposición Arte e Solidariedade Proxecto Home .

Pola súa banda, o centro do Proxecto Home en Pontevedra ten atendido desde a súa inauguración en 2003 a un total de 1.769 persoas. Como consecuencia do peche dos programas residenciais en 2011, a capacidade de atención neste centro reducíuse preto dun 50%. Actualmente a Deputación de Pontevedra contribúe á financiación deste centro e o de Vigo cun convenio de colaboración de 22.000 €.

Os servizos que se desenvolven  actualmente en Pontevedra son os de avaliación, diagnose e derivación de persoas drogodependientes e de información e asesoramento a persoas drogodependientes e ás súas familias; así como os programas  “Trebol” de Tratamento a penados por violencia de xénero, de terapia familiar, de integración sociolaboral, de prevención e de sensibilización social e empresarial.









.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020