19/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



PROXECTO HOME GALICIA entre os premiados pola emisora RADIO-GALICIA CADENA SER na gala “SERENIDADE 2015”


FOTO 01/12/2015 


Cadea SER, a emisora decana de Galicia, celebra a cuarta edición dos premios SERenidade recoñecendo o papel e a contribución á sociedade de personalidades e institucións vinculadas a Galicia.

Proxecto Home recibiu un premio pola súa contribución ao servizo das persoas, a organización "leva 25 anos traballando sen descanso polo futuro de moitas persoas, un organismo que esperta o mellor de cada un".

Os premios SERenidade avalan ademais o traballo de Evaristo Nogueira, o decano do colexio de avogados de Santiago, pola súa constante disposición a compartir os seus coñecementos en materia xudicial e polo seu traballo en favor dunha maior proxección da cidade.

No ámbito educativo, galardón para a facultade de Matemáticas da USC, considerada como a mellor de España en 2015, por converterse para "a comunidade universitaria nacional e internacional nun referente no intercambio científico", tamén se recoñeceu o traballo da Real Filharmonía de Galicia, "a orquestra alcanza a excelencia musical no seu 20 aniversario e desde Santiago proxecta o seu traballo grazas á súa vocación internacional con xiras e concertos por todo o mundo".


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020