19/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

XXV Aniversario

XXIV Festa da Solidariedade


FOTO 12/09/2015 


Unhas 2.000 persoas participaron este sábado na Festa da Solidariedade coa que Proxecto Home Galicia celebrou os seus 25 anos de historia, ao longo dos cales unhas 38.000 persoas incorporáronse aos seus procesos terapéuticos.

As actividades arrincaron cunha concentración de todos os participantes no Monte do Gozo, desde onde iniciaron unha peregrinación ata a Praza do Obradoiro e á que se sumaron autoridades como o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ou o portavoz do PP en Santiago, Agustín Hernández.

Á súa chegada ao Obradoio, todos eles foron recibidos polo alcalde Martiño Noriega, quen deu paso a un emotivo acto que incluíu a solta de pombas para celebrar o 25 aniversario desta entidade.

"Esta é unha xornada para a esperanza, pero tamén celebrar que seguimos sendo un instrumento de porta aberta a tantos mozos e familias que, polas razóns que sexan, atópanse atrapados no túnel das súas adiccións", destacou o director de Proxecto Home, Ramón Gómez Crespo, antes de lembrar que, ao longo destes 25 anos, máis de 38.000 persoas foron atendidas na entidade.

MISA DO PEREGRINO E COMIDA POPULAR

Unha vez finalizado o acto na Praza do Obradoiro, os presentes dirixíronse á Catedral para asistir ás 12,00 horas á misa do Peregrino. Posteriormente, celebrouse unha comida compartida no Multiusos Fontes do Sar que reuniu a máis de 2.000 persoas.

A proxección de vídeos conmemorativos do XXV aniversario da entidade e as actuacions musicais de Sonia Lebedynski entre outras completaron o programa desta festa que busca reunir a todalas persoas e colectivos que forman parte de Proxecto Home Galicia.

Fonte: Correo Gallego


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020