22/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



Trail e Andaina Solidaria - XXV Aniversario


FOTO 28/06/2015 


Pedro Nimo adxudicouse a primeira edición do trail de Proxecto Home Galicia que se celebrou na mañá de onte na Granxa do Xesto. Impúxose con autoridade aos case sesenta deportistas que tomaron parte nesta carreira solidaria, que ademais puxo en marcha unha andaina con máis de 250 afeccionados.

Nimo avantaxou en case tres minutos o segundo clasificado. Investiu 1 hora, 24 minutos e 34 segundos en percorrer os dezaoito quilómetros desta carreira pola montaña compostelá. A segunda posición, cun crono de 1.27.31, foi para José Antonio Varela, de Oroso, que superou con claridade ao terceiro clasificado, Ricardo Villar, de Santa Comba, que completou o circuíto cun tempo de 1.31.40. Chegou á meta sete minutos despois do gañador.

Na categoría feminina, o triunfo foi para María Jesús Posse, corredora de Vilagarcía de Arousa, que percorreu os dezaoito quilómetros en 2 horas, 7 minutos e 42 segundos. A segunda posición foi para Verónica Martínez, de Bembibre, cun crono de 2.10.37. A medalla de bronce foi para a súa irmá Melina Martínez, tamén de Bembibre, cun tempo de 2.10.40. A cuarta praza foi para Ángeles Vázquez, de Santiago, con 2.13.58; e o quinto posto foi para Isabel Zarzalejo, tamén de Santiago, con 2.13.58.

Nimo, que nos primeiros quilómetros da proba compartiu a cabeza do pelotón cun nutrido grupo de atletas, pronto acelerou o ritmo e se foi en solitario cara á liña de meta. O circuíto, deseñado polo exatleta Antonio Toribio, foi moi esixente, pero o veterano deportista santiagués gozou ante o numeroso público que acudiu á Granxa do Xesto. Cumpriu os prognósticos e sen correr a tope adxudicouse esta primeira edición da carreira solidaria. Os participantes gozaron dunha boa temperatura en gran parte do percorrido.

Andaina de cinco kilómetros

Quince minutos despois de que Ramón Gómez Crespo, director de Proxecto Home Galicia, dese a saída aos atletas do trail, partiron dende a Granxa do Xesto 240 afeccionados para participar nunha andaina popular de cinco quilómetros, na que os primeiros en chegar á liña de meta o fixeron correndo.

Non houbo clasificación nesta proba, pero si algúns premios: Franqueira González, á familia numerosa; Proxecto Home Galicia, á entidade con maior número de participantes; Corredores Pedro Nimo, ao club con máis deportistas; e Feiraco. O participante máis novo foi Martín Permuy e o máis veterano, Elva Arce.

Premios andaina:

FAMILIA NUMEROSA:  FRANQUEIRA GONZÁLEZ

ENTIDADE:  PROXECTO HOME GALICIA

CLUBE: CORREDORES PEDRO NIMO

EMPRESA: FEIRACO
MAIS XOVEN: Martín Permuy Calvo

MAIS VETERANA: Arce Rodríguez, Elva


Premios Trail:

Veteranos/as (masc/fem)


Nimo del Oro Pedro Vázquez Suárez Ángeles
Varela Marzoa Jose Antonio Zarzalejo Tirado Isabel
Villar Rodriguez Ricardo Magdalena Castro Ramos

Absolutos/as  (masc/fem)

Guerrero Galván Salvador Posse Teira María Jesús

Gonzalez Nuñez Jose Luis Martínez Parcero Verónica
Cid García Santiago Martínez Parcero Melina



TROFEOS TRAIL “XXV
ANIVERSARIO PROXECTO HOME GALICIA”


TRAIL  “XXV aniversario de Proxecto Home Galicia”
Categoría Masculina Absoluta
1º PREMIO ”PIBATEX”
Santiago, 28 de xuño de 2015

TRAIL “XXV aniversario de Proxecto Home Galicia”
Categoría Masculina Absoluta
2º PREMIO “PIBATEX”
Santiago, 28 de xuño de 2015

TRAIL “XXV aniversario de Proxecto Home Galicia”
Categoría Masculina Absoluta
3º PREMIO “PIBATEX”
Santiago, 28 de xuño de 2015

TRAIL  “XXV aniversario de Proxecto Home Galicia”
Categoría Feminina Absoluta
1º PREMIO “CAFÉ-BAR POLÍGONO”
Santiago, 28 de xuño de 2015

TRAIL  “XXV aniversario de Proxecto Home Galicia”
Categoría Feminina Absoluta
2º PREMIO “CAFÉ-BAR POLÍGONO”
Santiago, 28 de xuño de 2015

TRAIL “XXV aniversario de Proxecto Home Galicia”
Categoría Feminina Absoluta
3º PREMIO “CAFÉ-BAR POLÍGONO”
Santiago, 28 de xuño de 2015

TRAIL “XXV aniversario de Proxecto Home Galicia”
Categoría Masculina Veterano
1º PREMIO “TRANSPORTES HALCOURIER”
Santiago, 28 de xuño de 2015

TRAIL “XXV aniversario de Proxecto Home Galicia”
Categoría Masculina Veterano
2º PREMIO “TRANSPORTES HALCOURIER”
Santiago, 28 de xuño de 2015

TRAIL “XXV aniversario de Proxecto Home Galicia”
Categoría Masculina Veterano
3º PREMIO “TRANSPORTES HALCOURIER”
Santiago, 28 de xuño de 2015

TRAIL “XXV aniversario de Proxecto Home Galicia”
Categoría Feminina Veterana
1º PREMIO “LA BODEGUILLA”
Santiago, 28 de xuño de 2015

TRAIL “XXV aniversario de Proxecto Home Galicia”
Categoría Feminina Veterana
2º PREMIO “LA BODEGUILLA”
Santiago, 28 de xuño de 2015

TRAIL “XXV aniversario de Proxecto Home Galicia”
Categoría Feminina Veterana
3º PREMIO “LA BODEGUILLA”
Santiago, 28 de xuño de 2015


TROFEOS ANDAINA “XXV ANIVERSARIO PROXECTO HOME GALICIA”

ANDAINA  “XXV aniversario de Proxecto Home Galicia”
Á ENTIDADE con máis participantes
PREMIO ”XOIERIA TEIXEIRA”
Santiago, 28 de xuño de 2015

ANDAINA  “XXV aniversario de Proxecto Home Galicia”
Á EMPRESA con máis participantes
PREMIO ”XOIERIA TEIXEIRA”
Santiago, 28 de xuño de 2015

ANDAINA  “XXV aniversario de Proxecto Home Galicia”
Ao CLUB con máis participantes
PREMIO ”XOIERIA TEIXEIRA”
Santiago, 28 de xuño de 2015

ANDAINA  “XXV aniversario de Proxecto Home Galicia”
Á FAMILIA NUMEROSA con máis participantes
PREMIO ”XOIERIA TEIXEIRA”
Santiago, 28 de xuño de 2015

ANDAINA  “XXV aniversario de Proxecto Home Galicia”
Ao PARTICIPANTE máis novo
PREMIO ”XOIERIA TEIXEIRA”
Santiago, 28 de xuño de 2015

ANDAINA  “XXV aniversario de Proxecto Home Galicia”
Ao participante máis veterano
PREMIO ”XOIERIA TEIXEIRA
Santiago, 28 de xuño de 2015
Fonte: La Voz de Galicia



Enlace web:
web Galería Fotográfica

Documentación:
doc Clasificación e Premios

.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020