22/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



Presentación da Exposición “ARTE E SOLIDARIEDADE” en Vigo


FOTO 19/06/2015 


Menchu Lamas, Antón Patiño, Antón Sobral, Alex Vázquez, Yayo Quesada, Xulio Gil, xunto a escultores do talle de Leiro, Buciño, Canicoba, Acisclo Manzano ou Silverio Rivas forman parte dos 39 artistas que conforman a exposición "Arte e Solidariedade", coa que Proxecto Home celebra o seu 25 aniversario. Inaugurouse na sala 1 de Afundación, onde permanecerá ata o 18 de xullo.

Ramón Gómez Crespo, director de Proxecto Home Galicia, destacou "a colaboración desinteresada dos artistas", que doan entre o 75 e o 100% dos ingresos por venda aos seus programas de rehabilitación. "Temos servizos por toda Galicia, e en Vigo, concretamente, traballamos cun tratamento innovador, a patoloxía dual 'Acougo ".

Este é, pois, un novo exemplo da comuñón entre a arte e a acción social. Con carácter itinerante, a exposición mobiliza en toda Galicia 300 artistas. Renóvase en cada cidade con incorporacións de creadores locais e coa dirección tamén de autores da cidade. Así, en Vigo, o comisariado recaeu en Antón Pulido e Paula Mariño.

"A mostra caracterízase por unha calidade extrema e por incorporar todos os ismos, xa que hai obra dende o impresionismo ata a abstracción, realizadas con técnicas diferentes,". Así, define Pulido "Arte e Solidariedade", onde participa cunha pintura de 1983, "Nena na praia". Un retrato figurativo da súa filla cunha paleta forte, pero limitada: "Hai que apostar pola pouca cor, porque a pintura está na sínteses," sostén. A súa compañeira de comisariado, Paula Mariño, tamén cedeu obra. Unha fotografía pintada de 2000. "É unha serie moi reducida que fixen con tinta chinesa" "a xeito de fluídos corporais", explica Mariño, quen destaca a forza das mans retratadas.

Esta é a sétima edición dunha mostra que recolle unha selección dos artistas máis importantes de Vigo e a súa área de influencia. A seguinte parada será en Pontevedra.

Fonte: Atlántico


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020