19/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

25 Aniversario de Proxecto Home Galicia

Gala Benéfica Solidaria - 25º Aniversario


FOTO 13/06/2015 


Máis de 300 persoas, entre elas numerosos representantes  das principais institucións de Galicia, asistiron onte á cea solidaria conmemorativa dos 25 anos de Proxecto Home Galicia, celebrada no Hotel Monumento San Francisco.

Entre as personalidades que quixeron apoiar coa súa presenza o labor que fai a veterana entidade de axuda aos drogodependentes e as súas familias, figuraban o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o delegado do Goberno, Santiago Villanueva; a conselleira Rosa Quintana, o alcalde en funcións de Santiago, Agustín Hernández; o arzobispo Julián Barrio; o reitor da USC, Juan Viaño, e un longuísimo etcétera de políticos, empresarios, intelectuais, etc.

Durante a gala proxectouse un vídeo que resumiu a traxectoria da institución ao longo destes 25 anos. Tamén se proxectaron as testimuñas de persoas usuarias de Proxecto Home, familiares e voluntarios.

O acto pechouse cos discursos do director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez, e de Núñez Feijóo. O primero destacou o gran valor do apoio cívicosocial que recibiu o proxecto dende o seu nacemento, tanto de entidades públicas como privadas e particulares, do que daban unha boa mostra as 85 institucións colaboradoras que estiveron presentes na gala. "Vostedes foron e son imprescindibles, o seu solidario apoio motivanos para o camiño que temos por diante, espertando no que poidamos a conciencia da sociedade galega para que non se deixe engaiolar cos seus cantos de serea das adiccións".

Grazas a ese apoio incondicional, añadiu Gómez Crespo, "temos que recoñecer, con humildade e con orgullo ao mesmo tempo, que este obxectivo que por aquel entón imaxinabamos complexo, esixente e, mesmo, inalcanzable, está solidamente acadado, coa presenza de Proxecto Home en todas as provincias galegas".

Fonte: Correo Gallego



Enlace web:
web Galería Fotográfica (Correo Gallego)

.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020