19/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



Presentación da Exposición “ARTE E SOLIDARIEDADE” en Ferrol


FOTO 12/05/2015 


Na sede de Afundación en Ferrol (Praza dá Constitución s/n), presentouse a sétima edición da Exposición "Arte e Solidariedade". A mostra organízase no marco do XXV aniversario de Proxecto Home Galicia.

Na mostra que foi presentada na sede de Afundación pola comisaria da exposición en Ferrol, Juana P. Lúa, e polo Director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo, participan 46 artistas, principalmente, da bisbarra de Ferrol que doan o 75% da obra a Proxecto Home Galicia para contribuír, desta forma, ao sostemento dos programas que desenvolve.

A exposición inaugurarase o día 14 de maio as 20:00 h., ata o 27 de xuño en horario de luns a sábado, de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas(domingos e festivos pechado)

Proxecto Home Galicia

"Fai agora 25 anos que Proxecto Home comezou o seu camiño co programa de rehabilitación e inserción social de toxicómanos. Con empeño esencialmente humanista de abordaxe terapéutica integral e individualizada, aquel labor inicial agrandou os seus anhelos grazas á suma de moitos esforzos, tanto institucionais coma privados: Fundación Monte do Gozo, Asociación de Familias e Amigos, voluntariado, a un colectivo profesional multidisciplinar e, tamén, á solidariedade, ese desprendido diván social, que sempre está cando se lle require.

Conmemorando este aniversario, a sala da Afundación que acolle a mostra, convértese por uns días en ágora de encontro entre Proxecto Home e o mundo da arte. Nesta plural intervención expositiva, de estilos, técnicas e soportes ben distintos, rexe por parte dos artistas o único compromiso da empatía. Máis de corenta artistas danse cita para, cunha gran xenerosidade participativa, poñer o seu gran de area na memoria biográfica daquela empresa que, con amplitude de miras, naceu un día de 1990 co fin primordial de axudar a quen o necesita".


Documentación:
doc Relación de Autores obras y precios.

.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020