19/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

O Museo do Pobo Galego acolle unha exposición con máis de cen obras. Este evento enmarcase dentro dos actos con motivo do XXV aniversario de Proxecto Home Galicia

Inauguración da VII exposición "Arte e Solidariedade"


FOTO 18/03/2015 


Proxecto Home e o mundo da arte danse a man con forza para conmemorar o 25 aniversario do inicio do programa asistencial de rehabilitación e reinserción de persoas adictas. Onte inaugurouse no Museo do Pobo Galego a exposición Arte e solidariedade, que recolle obras que achegaron máis dun centenar de artistas e cuxo importe da venda estará destinado integramente, ou nunha elevada porcentaxe, a Proxecto Home. Un acto que contou con gran respaldo institucional, encabezado polo presidente da Xunta, e social.

Nesta mostra pódense ver traballos tanto de pintura, escultura e fotografía, así como tamén hai unha chiscadela ás novas tecnoloxías cun vídeo conmemorativo do 25 aniversario. Entre os artistas que quixeron achegar o seu gran de area para axudar atópanse tanto aqueles dunha dilatada traxectoria profesional como outros noveis, ata sumar un total de 104. «É unha gran xenerosidade», destacou onte o director de, Proxecto Home Ramón Gómez Crespo, ademais de incidir na sensibilidade que mostran. Entre as achegas que recibiron para Arte e solidariedade atópanse obras de Silverio Rivas, Leiro e Antón Patiño, entre outros.

Sensibilización social

A mostra estará aberta ata o próximo 26 de abril no horario do Museo do Pobo Galego, tempo durante o cal se poderán adquirir as obras expostas. O director de Proxecto Home asegurou  que toda a recadación que obteñan benvida será, pero tamén destacou o labor que representa para ampliar a sensibilización social con este proxecto.

Esta conxunción do mundo da arte e Proxecto Home tamén percorrerá outras seis cidades galegas ao longo do ano para conmemorar o aniversario. Pero a diferenza de edicións anteriores, esta vez non será a mesma mostra a que realice o percorrido, senón que en cada lugar serán os artistas desa área os que acheguen as súas obras en favor desta iniciativa. Así, en total, serán máis de trescentos os que cederán os seus traballos en favor Proxecto Home. O director destacou, polo tanto, a boa resposta que están a obter nesta edición. Despois de Santiago, a mostra abrirá na Coruña o 9 de abril. Posteriormente chegará a Ferrol (12 de maio), Vigo (20 de xuño) e Lugo (10 de setembro). A final de ano recalará nas cidades de Ourense e en Pontevedra.

Fonte: La Voz de Galicia



Enlace web:
web Galería Fotográfica

.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020