20/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



Pérez Rumbao renova a súa colaboración con Proxecto Home Galicia


FOTO 16/12/2014 


Pérez Rumbao renova a súa colaboración, un ano máis, con Proxecto Home Galicia mediante un convenio que permitirá manter os servizos de prevención, tratamento e reinserción social de persoas con problemas de drogodependencia.
Esta iniciativa enmárcase no desenvolvemento da Política de Responsabilidade Social Corporativa que promove a empresa e que se materializan en ámbitos como o social, con accións como esta, o deportivo, con apoio fundamentalmente ao deporte de base e cultural, como a protección do patrimonio artístico e cultural de Galicia, entre outros.

A colaboración de Pérez Rumbao con Proxecto Home Galicia é froito da campaña "Resposta Social Solidaria" posta en marcha no ano 2010 por esta fundación que, dende hai 25 anos desenvolve distintos programas dirixidos á rehabilitación e reinserción social de persoas adictas. A posta en marcha desta campaña solidaria pretende conseguir a colaboración e compromiso da sociedade civil, en concreto das empresas, para garantir a viabilidade dos seus proxectos. Logrouse a participación de preto de 50 empresas galegas que, en maior ou menor medida, apoian as iniciativas desta organización.

A sinatura do convenio tivo lugar nas oficinas de Pérez Rumbao. Por parte de Pérez Rumbao asinou o convenio o seu Presidente, D. José Ramón Pérez Nieto e, Proxecto Home Galicia estivo representado polo seu Director e Xerente da Fundación Monte do Gozo, D. Ramón Gómez Crespo.

PÉREZ RUMBAO é a empresa galega líder do sector da automoción en Galicia. Na actualidade supera os 200 millóns de euros anuais de facturación e dá emprego a máis de 800 persoas, o que sitúa a compañía entre as empresas con maior peso económico en Galicia.

PROXECTO HOME é un referente no espazo sociosanitario galego que ofrece respostas innovadoras ás necesidades cambiantes dos colectivos cos que traballa. Dispón de 8 centros en Galicia que traballan en rede. O próximo mes de xaneiro Proxecto Home Galicia celebrará o seu 25º aniversario. Nestes vinte e cinco anos atendeu a máis de 30.000 usuarios e a 46.000 beneficiarios directos e contou coa colaboración de 1.200 voluntarios.



Enlace web:
web Galería Fotográfica

.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020