24/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

A Súa Maxestade a Raiña Doña Sofía presidiu o acto central do XXV aniversario da Asociación Proyecto Hombre

XXV aniversario da Asociación Proyecto Hombre


FOTO 27/11/2014 


A Súa Maxestade a Raíña Dona Sofía presidiu o acto central do XXV aniversario da Asociación Proyecto Hombre, que atende anualmente, en toda España, a máis de 20.000 persoas con problemas de adiccións e ás súas familias.

A Asociación Proyecto Hombre celebrou os 25 anos traballando na loita contra as adiccións, nun acto no que se recoñeceu o apoio a persoas, institucións e organismos que camiñaron historicamente da man neste labor contra as drogas.

Dona Sofía felicitou a Proxecto Home polos seus 25 anos de "inestimable labor" en apoio das persoas drogodependentes, e agradeceu aos traballadores e voluntarios da asociación a "dedicación, entrega, perseveranza, abnegación e cariño" que demostran no seu traballo diario.

Durante o evento, a Raiña Dona Sofía recibiu a Insignia de Ouro da Asociación polos anos de apoio constante, e recoñeceuse tamén ao Plan Nacional sobre Drogas, polos anos de traballo en colaboración coordinada. Ademais, fíxose entrega dun recoñecemento aos Membros de Partidos contra as Drogas e Comité Drogas No pola importancia do seu labor de sensibilización e prevención para a sociedade a través do deporte e polo seu compromiso.

A celebración, no Ateneo de Madrid, contou coa presenza da secretaria xeral de Sanidade, Pilar Farjas, e permitiu coñecer a actividade levada a cabo por esta asociación no último cuarto de século, como os xa clásicos partidos de fútbol contra a droga promovidos, entre outros, polo xuíz Baltasar Garzón e o xornalista Luis del Olmo, presentador da cerimonia.

A Asociación Proxecto Home, que naceu en 1989, celebra este ano o seu 25 aniversario. Está integrada por 27 centros nun total de 14 comunidades autónomas, que atenden cada ano a máis de 20.000 persoas con problemas de adicción e ás súas familias. Cada centro xestiónase de xeito autónomo e comparte cos demais o método terapéutico e a mesma filosofía de traballo, formando unha rede composta por máis de 200 dispositivos de atención, 1.200 empregados (terapeutas, médicos, psicólogos, traballadores sociais, educadores, monitores, etc.) e 2.500 voluntarios. A variedade de programas que se foron incorporando, para dar resposta ás necesidades da poboación detectada por cada centro, mostra o esforzo da organización por adaptarse as necesidades sociais e aos cambios na realidade do fenómeno aditivo.



Enlace web:
web Galería Fotográfica

.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020