18/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



O Concello de Santiago colabora un ano máis con Proxecto Home


FOTO 01/08/2014 


Un ano máis o Concello de Santiago colabora, mediante un convenio, coa Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home Galicia.

O convenio establece os termos de colaboración entre as dúas entidades, no desenvolvemento dos programas de  Cocaína e Terapia familiar,  no centro que está entidade ten en Santiago de Compostela, Rúa do Cottolengo, 2.

O
Concello de Santiago de Compostela e a Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home Galicia,  en consonancia coa filosofía da diversidade, da igualdade social e da integración, teñen o propósito de dar estabilidade á colaboración que se vén producindo de maneira continuada entre ambas as dúas entidades, dado que a complexidade dos problemas sociais require da implicación de distintos colectivos no camiño de conseguir a xustiza
e a igualdade social.

A través do presente convenio a entidade ofrecese ao Concello de Santiago como entidade colaboradora para acoller a persoas que están a realizar traballos en beneficio da comunidade
como forma de integración social.


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020