19/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



Visita da Directora Xeral de Produción Agropecuaria e do Subdirector Xeral de Gandaría da Consellería de Medio Rural


FOTO 20/06/2014 


A directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa Alonso, e o subdirector xeral de Gandaría, Jorge Mourelo Estella, visitaron a Comunidade Terapéutica “As Cernadas” de Proxecto Home emprazada no concello Val do Dubra.
Á súa chegada foron recibidos polo Director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo.

A visita iniciouse facendo un percorrido polas instalacións da Comunidade Terapéutica para coñecer o traballo que se realiza cos mozos e mozas que están a tratamento, facendo  fincapé no importante que é, para este colectivo, a formación en diferentes áreas de cara á súa futura incorporación laboral.
 
Primeiro achegáronse ao sector de equitación e, dende aí ata os invernadoiros para despois acercarse ao picadeiro no que se desenvolven distintas actividades de formación profesional ocupacional relacionadas cos équidos e tamén outras aplicadas á terapia.

Gozaron vendo a pequena piscifactoría da que dispón o centro e logo tiveron a oportunidade de coñecer os distintos sectores e o resto da casa.

Antes de rematar a directora xeral mantivo un encontro informal no salón coas persoas en tratamento e co equipo educativo-terapéutico.

Coas súas verbas animou a todos a que aproveitaran a oportunidade que lles ofrece Proxecto Home para formarse e para incorporarse ao mercado laboral con máis preparación. Non quixo restar importancia ao traballo persoal que están a facer e manifestou o impresionados que ían despois de esta visita.

O Director de Proxecto Home, agradeceulles a visita e a colaboración da dirección xeral ao longo destes últimos anos.



.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020