22/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



Benestar colabora con Proxecto Home en diversas actuacións cara á reinserción social das persoas en risco de exclusión


FOTO 07/04/2014 


A Consellería de Traballo e Benestar volverá a colaborar este ano con Proxecto Home cara á reinserción social das persoas en risco de exclusión. Para elo, a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, asinou hoxe en Santiago un convenio de colaboración co director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez.

Deste xeito, Benestar destinará preto de 136.000 euros para os programas que xa se atopen na fase de reinserción social. Esta parte das diferentes actuacións que leva a cabo este colectivo realízase en réxime ambulatorio, semi-residencial ou residencial, tendo por obxecto a integración satisfactoria no ámbito familiar, social e laboral das persoas a tratamento nos distintos programas.

Este convenio de colaboración enmárcase no II Plan Galego de Inclusión Social 2007-2013 da Xunta que integra medidas dirixidas á promoción e desenvolvemento de proxectos de actuación para a inclusión social de colectivos específicos, especialmente afectados por factores de vulnerabilidade en Galicia.

A Fundación Monte do Gozo desenvolve unha serie de actuacións encamiñadas á inserción socio laboral englobadas nun programa marco denominado ‘Proxecto Home’ de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas con adiccións. Os programas que leva a cabo dependen do tipo de adición e do perfil psicosocial do usuario polo que contan cunhas características diferenciadas que permiten unha abordaxe integral e individualizada das distintas  problemáticas.

Estas accións son financiables polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2007-2013.



.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020