24/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



O Obradoiro colabora con Proxecto Home Galicia


FOTO 15/11/2013 


O encontro que enfrontara ao Río Natura – Monbus e ao Valencia o vindeiro 16 de novembro será tamén o escenario no que, unha vez máis, o deporte amose a súa faciana máis solidaria.

O Obradoiro pon a dispor de Proxecto Home Galicia un determinado número de entradas que se venderán a 10 €, do que a metade deste importe contribuirá ao mantemento das programas que Proxecto Home Galicia desenvolve en Compostela dende hai case 24 anos.

Para apoiar esta iniciativa a rolda de prensa previa do adestrador o 14 de novembro, tivo lugar nas instalacións de Proxecto Home.

Ademais, o Obradoiro facilitará a Proxecto Home Galicia un espazo no Pazo Multiusos “Fontes do Sar” no que informar dos programas e actividades que desenvolve e, deste xeito, sensibilizar á sociedade compostelá sobre os prexuízos e problemáticas que está a causar o consumo de drogas e alcohol.

Durante o partido do 16 de novembro pola megafonía do Pazo Multiusos “Fontes do Sar” ofrecerase información sobre Proxecto Home Galicia.

Por último, a directiva do club santiagués entregará a Proxecto Home Galicia unha camiseta asinada por todos os xogadores.

As entradas que facilita o Obradoiro a Proxecto Home Galicia pódense mercar en:

   - Deportes Caneda (Rúa Fonte de San Antonio 25)
   - Bar “O Regueiro do Agustín” (Rúa Ponte do Sar 37)
   - Bar “Caminante” (Rúa San Lázaro 90)
   - Bar “Abrente” (Rúa San Pedro de Mezonzo 46)
   - Cervecería “A Liga” (Rúa do Vilar 70)
   - Centro de Proxecto Home (Rúa Cottolengo 2)

Máis información 981 573 020



.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020