19/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



Visita da Consellería do Medio Rural e do Mar


FOTO 22/10/2013 


A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, visitou esta mañá as instalacións da Comunidade Terapéutica de Cernadas, no concello coruñés de Val do Dubra,  pertencente á Fundación Monte do Gozo. A conselleira destacou a importancia da colaboración entre ambos organismos para fomentar a reinserción de mozos e mozas a través da actividade agrícola . Na visita tamén estivo presente o secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto.

Rosa Quintana coñeceu o traballo que se leva a cabo nos campos de ensaio, nunha superficie de 2.000 metros cadrados cubertos e 8.600 metros cadrados ao aire libre. Nesta superficie realízanse demostracións de métodos de cultivos hortícolas, que son amosados á propia Consellería do Medio Rural e do Mar e aos agricultores da zona, mediante xornadas ao longo do ano, para que estes tamén coñezan os resultados obtidos nos labores de experimentación en materia de silvicultura.

Todas estas actividades están enmarcadas nun convenio de colaboración anual entre a Consellería e a Fundación Monte do Gozo, por un importe que ascende a 25.650 euros. O departamento que dirixe Rosa Quintana é o encargado de controlar as citadas actividades e asesorar aos beneficiarios da Fundación.

A colaboración entre ambos organismos permite formar aos mozos beneficiarios en materias vinculadas á actividade agraria e de silvicultura, en especial, naquelas na que a súa potencialidade supoña unha alternativa con proxección cara ao emprego


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020